Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na programa deportivo posto en marcha polo concello de Muxía para os vindeiros meses de inverno. As actividades - que comezan o vindeiro 2 de outubro - están dirixidas tanto á poboación infantil como á adulta e desenvolveranse no pavillón municipal, no ximnasio municipal e nas escolas das distintas parroquias do municipio. A maiores do programa deportivo, os veciños e veciñas de Muxía contarán proximamente cun novo ximansio municipal onde haberá sala de musculación, sala de actividades dirixidas e sala de spinning.
Para a poboación infantil, haberá clases de educación física de base, fútbol e fútbol sala, judo, patinaxe, balonmán e atletismo. Mentras de que para a poboación adulta (maiores de 16 anos) haberá ximanasia de mantemento nas distintas parroquias, musculación, pilates, spinning, ioga, xadrez, fútbol e vela. Para que unha actividade se poña en marcha terá que haber un mínimo de dez participantes.
Os interesados en anotarse en algunhas destas actividades poden facelo antes do vindeiro 28 de setembro no número de teléfono 981 74 20 01 ou no mail diego.castineira@muxia.es.
Fonte