Muxía camiñou para concienciar sobre o cancro infantil

Andaina solidaria coa AECC CEIP Vilarmide Muxia 6

Bonita e comprometida a III Adaina Contra o Cancro Infantil organizada este pasado venres polo CEIP de Vilarmide Eduardo Noya. Alumnado do CEIP Virxen da Barca (Muxía) e do IES Ramón Caamaño (Muxía), e algunhas familias, gozaron da Andaina que uniu a Lonxa e a Praia de Espiñeirido, ida e volta. Unha xornada de concienciación e axuda para a AECC.

Ao final, todos os participantes puideron compartir un chocolate quente e uns pinchos preparados polas mulleres da Asociación Contra o Cancro de Muxía sufragado pola case totalidade de bares, restaurantes e tendas de alimentación de Muxía.

Dende o centro agradecen a todos os colabores, así como a Protección Civil de Muxía, ao Concello e a Cofradía de Pescadores que os ofrece as instalacións da lonxa.