Muxía leva a pleno unha inversión de máis de 310.000 € para mellorar accesos, saneamento e abastecemento de auga
04 de setembro de 2025 (09:25 h.)
O Concello de Muxía levará ao pleno do próximo luns unha proposta de investimentos por un importe total de 310.178,45 € dentro do POS+ Adicional 2/2025 da Deputación da Coruña. Obras que permitan garantir o abastecemento de auga, evitar consumos anómalos, mellorar o saneamento e dotar de accesos en condicións ás parroquias, respondendo así a unha demanda histórica da veciñanza.
As actuacións previstas céntranse en tres proxectos fundamentais:
- 1. Mellora dos accesos a Castelo e A Granxón – 223.653,38 €
- 2. Reparación e mellora do bombeo en Os Muíños – 30.098,57 €
- 3. Suministro e instalación de contadores en depósitos de auga, sistemas de control, regulación de bombas e telecontrol de consumos – 56.426,50 €