Muxía presentase en Madrid como destino ornitolóxico

O próximo mércores, 18 de xaneiro, ás 19:30 horas a asociación Muxía Turismo Rural presentará na Casa de Galicia de Madrid o seu proxecto "Muxía Rural, Destino Ornitológico". Este programa, que durará até o 31 de maio, ten dúas vertentes. Por unha parte, o concurso fotográfico "Muxía a vista de pájaro" e, por outra, unha escapada ornitolóxica de dous días de duración na que os establecementos participantes ofrecen aloxamento, almorzo e cea dandoselle aos visitantes a opción de contar cun guía. Os expertos sinalan que a localidade muxiana é un dos principais puntos do estado español para o avistamente de especies de aves migratorias pouco frecuentes. Na presentación estarán o alcalde de Muxía, Félix Porto; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o deputado de Turismo da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira; Francisco Canabal, do Clúster de Turismo de Galicia, e o presidente de Muxía Turismo Rural, Jesús Trillo. Despois da presentación haberá unha degustación de productos baixo o título "Mar e Terra da Costa da Morte" na que colaboran Insdustrias Cerdeimar, Cárnicas Raposo, Distribucións Guimareu e Panadería Castreje. Ao día seguinte, a directiva de Muxía Turismo Rural adicará a xornada a visitar Fitur - a feira de turismo - co propósito de dar a coñecer a oferta aos turoperadores. Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Asociación Muxía Turismo Rural