Muxía recibe un coche eléctrico ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental
O Fondo de Compensación Ambiental é outra desas trampas da Xunta para que pareza que colabora cos concellos. No canto de que a instalacións de parques eólicos repercutan directamente nos Concellos (si que o fan, en calquera caso, a través dos IBIs e outros impostos, pero podería ser un impacto maior), a Xunta ingresa a través deste instrumento financieiro fondos chegados de multas, indemnizacións ambientais, tributos, donacións... das empresas eólicas; e despois os redistribúe entre os concellos do país, a través dunhas axudas de concorrencia non competitiva.
Así, no 2025 Neste senso recibiron estas achegas 11 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cerceda, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Malpica, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas) por un importe de máis de 545.000 euros e na provincia da Coruña beneficiáronse desta orde 49 concellos por un importe total de máis de 2,2 millóns de euros.
Entre eles, 57.000 euros para o Concello de Muxía no marco do Plan de Mobilidade e Medio Ambiente Sustentable que permitiu dotar ao muncipio de novos medios técnicos destinados tanto á mellora da mobilidade municipal como ao reforzo das tarefas de coidado e protección do medio ambiente.
En concreto, contemplou a adquisición dun vehículo eléctrico enchufable SUV 100 % eléctrico, xunto co seu correspondente punto de recarga, para uso dos servizos municipais, así como diversa maquinaria especializada para labores medioambientais.