O faro Touriñán é un dos puntos de referencia para os turistas que visitan a zona
A asociación Muxía Turismo Rural, que engloba seis establecementos da vila, vén de facer balance da campaña estival. A casa de Lema, a casa de Trillo, a casa Fontequeiroso, a casa das Fiadeiras, o hostel Monasterio de Moraime e o hotel-restaurante Playa do Lago colgaron o cartel de “completo” durante o mes de agosto e tamén rozaron o cheo no mes de xullo.
Cataluña, Madrid, Andalucía, Valencia, Castela e León, País Vasco, Asturias, Cantabria e dende a propia comunidade foron os principais lugares de orixe dos hóspedes que visitaron a zona. En canto aos turistas extranxeirosItalia, Alemaña, Reino Unido, Irlanda, República Checa e Rusia foron os principais lugares de orixe.
Segundo a enquisa realizada pola asociación nos diferentes establecementos, o que máis valoraron os visitantes é a tranquilidade, a gastronomía, o trato persoalizado e a paisaxe. De feito, sinalaron que as praias máis freceuentadas polos hóspedes foron a de Nemiña, O Lago e Os Muíños.
Outro dos puntos de referencia para os turistas son o faro de Touriñán, o cabo Fisterra, punta Nariga, a cascada o Ézaro, o mosteiro de Moraime, o dolme de Dombate e o castelo de Vimianzo, entre outros.
Previsións de setembro
A enquisa feita por Muxía Turismo Rural inclúe o nivel de ocupación nos aloxamentos para o mes de setembro. Así, a día de hoxe, a media de reservas é ao redor do 70%. Os empresarios confían en rozar de novo o cheo a medida que avance o mes. Neste caso, os extranxeiros que xa reservaron proceden, na súa maoría, do Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia e México. En canto aos nacionais, predominan os cataláns, madrileños, vascos e algúns chegados dende Ceuta.
Novas relacionadas