Obradoiros, gastronomía, andainas, charlas e unha grande festa de Samaín no Cámping Lago-Mar para este outubro

Imaxe dunha actividade no Camping de Merxo

O Cámping Lago-Mar de Muxía despedirá este mes de outubro a tempada 2024 cunha ampla progrmación que inclúe andainas, concertos, cocidos, obradoiros e unha grande festa por Samaín. Ademais, celebrará dúas charlas en formato podcast sobre hostelería e turismo na Costa da Morte con profesionais destes sectores. 

Decenas de artistas e creadores de distintos eidos e disciplinas teñen pasado polo cámping dende a Semana Santa, que xa se converteu nun espazo cultural de referencia na Costa da Morte. Outubro non será menos e o mes vén cargado de propostas para pechar co mellor sabor de boca. 

ANDAINA + COCIDO + FOLIADA

Este mes de outubro faranse dúas andainas con cocido e foliada libre. 

A primera será o sábado 4 de outubro. Comezará ás 10:00 horas no camping e transcorrerá durante 10 km por Leis, Sendón, Quintáns e Merexo. A partir das 13:00 horas haberá concerto de Pa Feira co que Temos e despois cocido e foliada libre.

A segunda será o domingo 26 de outubro. Neste caso será unha ruta de 8 km dende Muxía ata o cámping. Despois haberá tamén cocido e foliada libre. 

Estas dúas actividades precisa inscrición previa, son 40 euros por persoa e inclúe a ruta máis o menú (bebida, entrantes sorpresa, cocido e café). Para inscribirse hai que mandar un correo a info@campinglagomar.es

(Pódese comer o cocido sen ir a andaina, pódese ir ao camping a tomar algo e disfrutar só da foliada, e pódese facer só a andaina. Existe a posibilidade de ducharse no cámping ao chegar da andaina)

OBRADOIRO PLANTAS SILVESTRES COMESTÍBEIS

En outubro farase unha nova saída de campo da man de Sabores Espontáneos para aprender a identificar e cociñar plantas silvestres comestíbeis da zona da Costa da Morte. 

A actividade será o 18 de outubro e comezará ás 10:00 coa saída de campo. Despois, a partir das 13:00 horas, farase o showcooking e posteriormente a degustación das receitas feitas.

A actividade son 29 euros/persoa e precisa inscrición en info@campinglagomar.es

CHARLAS EN FORMATO PODCAST

O cámping acollerá este mes dúas charlas que formarán parte del podcast Antonte e Pasadomañán, unha proposta da cooperativa Horta Creativa para xerar espazos de conversa con distintos convidados/as sobre temas que gardan conexión coa Costa da Morte. O proxecto presentarase formalmente próximamente. 

Este mes de outubro serán dúas charlas. A primeira será o 11 de outubro ás 18:00 horas, sobre Hostelería na Costa da Morte. Participarán: Miguel Pose, de As Baleas; Miguel Ezara, de Cash RecordA; e Alex Barreiro, de Terra Fisterra. Moderará Paloma Riveiro, do Parador Costa da Morte

A segunda charla será o 25 de outubro ás 18:00 horas sobre Turismo na Costa da Morte. Participarán: Julio Castro, doParador Costa da Morte; Santiago Ínsua, do Parking Autocaravanas El Campo Fisterra; e Julio do ISlow Coliving Laxe. Moderará: Cris da Moura

CONCERTOS

O cámping continuará este mes coa súa axenda de concertos. O 4 de outubro actuará a cantautora santiaguesa Gloría Pavía. O grupo Brasukas actuará o 10 de outubro cos seus ritmos brasileiros; e o cancionista coruñés César de Centi estará no escenario o día 19.

GRANDE FESTA POR SAMAÍN

O cámping despedirá outubro e a tempada deste ano cunha grande festa de Samaín. Como xa ocorreu o pasado ano, o cámping volverá a estar decorado para a ocasión e convertirase un espazo terrorífico para unha noite de sustos… e tamén de moita música!

Na noite de Samaín actuarán Noite Fechada, Cuernicornios e Choriso Criollo B2B Djalminha. Dende o cámping ánimase a toda xente a vir disfrazada para ocasión!