Os carteis da Romaría da Virxe de Barca dende 1933, nunha exposición

Cartel da Romaria Virxe da Barca Os carteis das festas da Costa da Morte é un deses patrimonios materiais pouco recoñecidos. Esas estampas cas virxes e incursións baratas do photoshop quedarán para a historia. Muxía quere recuperar cunha exposición parte da súa historia. Unha mostra de carteis da Romaría da Barca dende o ano 1933 ata o día de hoxe. Carteis doados pola familia de Ramón Pérez Cuíñas, que tivo a ben gardalos todos estes anos, e os seus herdeiros donaron ao Concello para disfrute de toda a veciñanza. A inauguración será o vindeiro luns, 20 de agosto, ás 12,30 horas no Edificio de Servizos Múltiples da Camposa. É unha boa panorámica de como evolucionou a festa, e ver as orquestras e grupos que pasaron por ela ao longo dos anos.