Os percebeir@s da Costa da Morte, ao Festival Internacional de Fotografía de Avintes con Xesús Búa
10 de maio de 2024 (07:35 h.)
Este venres 10 de maio inaugúrase o Festival Internacional da Fotografia en Avintes, Portugal. Un festival de referencia en toda Europa no que haberá 22 exposicións procedentes de 11 países, e entre elas estará “Homes e mulleres de sal e ferro”, de Xesús Búa.
Deste xeito, os percebeiros e percebeiras da Costa da Morte invaden cos seus traxes e aderezados cos poemas de poetas da comarca.