A Praza do Pardelo de Muxía convírtese nun teatro de contos polo Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro, o Concello de Muxía organiza unha actividade pensada para todos os públicos, cun claro enfoque participativo, lúdico e de fomento da lectura.

O vindeiro martes 23 de abril, ás 18:00 h, a Praza do Pardelo converterase nun espazo de encontro cultural coa actuación de anxo Moure, e o seu "Carballo con Botas" e a súa "Ciclobiblioteca", un espectáculo itinerante que mestura contacontos, humor e libros sobre dúas rodas. A actividade incluirá tamén mesiñas con libros para agasallar, fomentando o acceso á lectura e o intercambio literario. En caso de chuvia, o evento trasladarase á biblioteca municipal.

Ademais, coincidirá co lanzamento do novo Club de Lectura Municipal, para o que se abrirá o prazo de inscricións do 23 de abril ao 7 de maio na Biblioteca (tel. 981 74 25 63).