O Recital polos 25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte
14 de decembro de 2021 (21:44 h.)
O Parador de Lourido acolle este sábado 18 de decembro, a partir das 18:00h, o recital e concerto conmemorativo dos 25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte. Non estarán todos os que foron parte deste grupo de poetas costeiros que fixo historia en toda Galicia, pero si que haberá unha boa representación daqueles anos máxicos.
Alexandre Nerium, Concha Blanco, David Creus, Estevo Creus, Marilar Alexandre, Miro Villar, Modesto Fraga, Mónica Góñez, Rafa Vilar e Serxio Iglesias serán os poetas que representarán a arte poética. Ademais, Manoele de Felisa fará un concerto co Cancionerio do Camiño.
”Un acto para a historia cultural da Costa da Morte”, recoñece Modesto Parga.
Novas relacionadas
- Miro Villar: A vinte anos da antoloxía “mar por medio”, unha ponte entre poetas cubanos de Holguín e poetas da Costa da Morte.
- Álex López: 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- 2012: O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.