Rescatados os tripulantes dun barco de armador muxián que varou nas rochas de Cedeira

Barco el Patrón varou nas rochas de Cedeira

Dous días despois de que un barco corcubionés acabase nas rochas, esta mesma noite houbo un novo accidente no mar do litoral galego. Desta volta foi El Patrón, unha embarcación con patrón e armador muxián, varaba nas rochas de Cedeira.

Afortunadamente os sete tripulantes resultaron ilesos e non precisaron asistencia médica gracias ao rápido rescate que helicóptero Helimer 402 de Salvamento Marítimo. 

A embarcación embarrancaba arredor das 3:30h e foi remolcada pola mañá por Salvamento Marítimo.

Novas relacionadas