Romeiros en bici

Isto si que é un bo plan para facer deporte. Esta xente sabe como facer un esforzo valga a pena.

Xa vimos varios grupos de romeiros ciclistas. Por exemplo os coruñeses que chegan cada ano á Malpica canda o Santo Hadrián, e así disfrutan da romería ao rematar a travesía. Outros romeiros a dúas rodas os atopamos en Zas, que veñen de facer varias rutas este ano a festas tradicionais.

Xa levan varios anos facendo saídas cada domingo, con especial atención ás citas do Santo Adrián e da Romería da Virxe da Barca, onde estiveron o pasado mes. Foron uns 20 ciclistas os que partiron de Zas para facer a peregrinaxe ata o santuario muxián.
E ao chegar... que ben preparado o tiñan... Unha furgoneta de apoio prepara un xantar campestre para disfrutar da romería como os que máis.

Percorrendo a bisbarra

Este grupo de amantes das dúas rodas saen cada domingo polas estradas da bisbarra. Normalmente soen ser entre 5 e 10 ciclistas, e telñen claro que se son moitos deben serpararse. Non porque o esixa a lei, que todo o contrario, indica que se hai un grupo de ciclistas os vehículos teñen que xestionalo coma se dun vehículo só se tratase. Senón porque a educación cívica é moi pouca e para moitos condutores supoñen só "un estorbo e un atranco".

De feito, o propio Stevo Lema cóntanos como o domingo da Barca escoitou unha frase reveladora dunha muller: "A onde irán estes na bicicleta, só atrancan e estorban na carretera"... Aí é nada.

Cada vez hai máis ciclistas pola comarca e en carretera. E iso o comprobamos no aumento do número de participantes que hai nas rutas BTT da zona. Pero aínda fai moita falta un pouco, ou un moito, de educación vial.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información e fotos da man de Stevo Lema.