A Santa Compaña queda a Muxía por Samaín
21 de outubro de 2025 (11:07 h.)
O Concello de Muxía celebra o vindeiro venres 31 de outubro o Samaín. Trala boa acollida do ano pasado, este 2025 volverá pasar a Procesión da Santa Compaña, camiño de converterse en tradición. A comitica partirá ás 20:00h da Biblioteca, cun percorrido cheo de misterio e festa.
A partir das 20:45h, na praza Cabo da Vila, o grupo de Teatro Gazafellos, presentará o espectáculo “Historias para escagarriñarse da risa”, formulado para todos os públicos.
Ademais, como novidade, este ano propoñen o Concurso de Cabazas terroríficas. As inscricións poden facerse ata o 28 de outubro na Biblioteca e deberán presentarse o día 30 na propia biblio, para formar parte dunha exposición que lucirá na praza Cabo da Vila natarde do 31.
Jaberá unha categoría infantil de ata 8 anos, e unha xuvenil (de 9 a 15 anos), e os gañadores levarán 50€ para gastar en Arroutada ou Vaneli.
En caso de choiva, todo trasladarase á Sala Gervario Sar.