Suso Bahamonde leva a súa Caída a Muxía
22 de outubro de 2020 (09:47 h.)
A Biblioteca de Muxía acolle este venres ás 18:30h, a presentación do poemario ‘Caída’, de Suso Bahamonde.
Este poemario forma parte dun proxecto conxunto, e que irá acompañado en directo cos integrantes do grupo The Inversos, ao que tamén pertence Bahamonde.
Un evento no se que mesturarán poemas con música rock, e onde se relatarán as caídas que as persoas padecen na vida, a moitos niveis, e como estas, inflúennos e serven para saír adiante.
Ao acto acudirán o alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, ademais do autor e Xaime Trillo.
Artigo de Suso Bahamonde en QPC
Novas de Suso
- 2019: Suso Bahamonde: “Non, "Caída" non é un poemario para tirar foguetes de alegría”.
- 2014 Suso Lista e Suso Bahamonde seguen expandindo os seus libros.
- 2014: Expansión, o novo poemario de Suso Bahamonde.