Trasladan unha peregrina por unha intoxicación alimentaria sufrida en Muxía

Imaxe do operativo do @helicosantiago

Unha peregrina italiana de 38 anos, que se atopaba nun albergue de Muxía este pasado sábado, tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios en helicóptero medicalizado debido a unha intoxicación alimentaria.

O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu unha chamada para alertar desta situación, na rúa Castelao, sobre as 16,45 horas do sábado.

Así, os servizos sanitarios desprazaron ata o lugar a unha ambulancia de Soporte Vital Avanzado e ao helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Finalmente, a muller foi trasladada na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).