Un ferido leve nunha colisión entre dous coches en Bardullas

Unha persoa resultou ferida de carácter leve esta mañá tras colidir frontalmente dous vehículos nunha vía estreita e cun cambio de rasante no lugar de Bardullas, en Muxía. O ferido foi traslado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Segundo indican os servizos de emerxencias, o sinistro tivo lugar sobre as 12:20 horas de hoxe. Nun dos vehículos viaxaban catro persoas que resultaron ilesas. Ata o lugar do sinistro desprazaronse os Bombeiros de Cee, voluntarios de Protección Civil de Muxía e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Accidentes 2016

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros de Cee