Un ferido nun accidente de tráfico en Muxía

Os servicios de emerxencias recibiron esta madrugada - ao redor das 02:00 horas - a chamada dunha nai para pedir axuda para o seu fillo xa que, segundo declarou, acaba de sufrir un accidente co coche que conducía na estrada de Bardullas a Viseo, no concello de Muxía.

Segundo indica o 112, a nai asegurou que o mozo perdera o coñecemento no transcurso dunha breve comunicación que mantiveron, polo que solicitou asistencia sanitaria urxente.

Ata alí desprazararonse, entre outros, un equipo de bombeiros de Cee quen informa de que o conductor resultou ferido leve e "moi nervioso e desorientado". Accidentes 2018 Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112
  • Bombeiros de Cee