Un ferido tras dar varias voltas de campá en Muxía

Un coche envorcou en Caberta Os Bombeiros de Cee liberaron esta mañá a un condutor atrapado no interior do seu vehículo, no concello de Muxía. Testemuñas que presenciaron o accidente indicaron ao persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) que, o coche, tras dar varias voltas de campá envorcou totalmente na cuneta. Ademais fumeaba pero non ardía. Foron varios os particulares que, sobre as 10:30 horas, alertaron ao CIAE dun coche envorcado na DP-2303 (PK 7,500) á altura do cruce de Salgueiros, no lugar de Caberta. A partir de aí, dende o CIAE púxose en marcha un operativo no que participaron ademais dos Bombeiros e o servizo do 061-Urxencias Sanitarias, os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade. Unha vez liberado o condutor, un varón duns 50 anos, e en estado estable, os membros do parque comarcal confirmaron que o ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia polo persoal sanitario. Pola contra, eles continuaban no punto á espera da chegada dunha guindastre para a retirada do turismo. Fonte QPC.