Unha ollada ao estado de saúde dos ríos da Costa da Morte

Esta fin de semana publicouse o último estudio do Proxecto Ríos, un proxecto mediante o cal varias entidaes ecoloxistas con ADEGA á cabeza trata de establecer como é o estado de saúde dos ríos do "país dos mil ríos". O estudo conta coa participación de grupos de voluntarios que permiten conseguir mostras de auga para analizalas posteriormente. A Costa da Morte está incluída no Arco Ártabro e Fisterra, onde tan só temos un grupo de voluntarios que collen mostras, tanto en primavera como en outono, do río Negro en Muxía. Dende aquí invitamos a outros concellos para que promovan a creación de novos grupos de voluntarios para que as nosas augas poidan ser analizadas con maior mesura.

Estado de saude razonablemente bo

Curiosamente e malia sermos unha das zonas con menor incidencia industrial e urbanística, a calidade dos noso ríos é das peores do país. Se nas Rías Baixas e na zona Cantábrica o estado de saúde dos ríos é "moi bo" en máis dun 40% dos casos estudiados, no Arco Ártabro e Fisterra andamos polo 29%. Se ben é certo que devandito Arco inclúe a área da Coruña e de Ferrol. Con todo, cómpre sinalar que o 6% dos ríos da zona teñen un estado deficiente, que pode ser por causa do río Mero, que ofreceu os peores datos da conca. Non amosou o río Negro a mellor cara en materia de osíxeno disolto, que indica a materia orgánica que pode acoller o río. Se boa parte das mostras indicaron os valores máis altos de entre e 0, 4 e 8 mg/l, o Negro en Muxía quedou nos 4 mg/l.

Hábitat e bosques de ribeira

A calidade do hábitat na conca do Arco Ártabro e Fisterrá foi moderada na maioría dos treitos inspeccionados (57%).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte