Unhas 70 persoas informáronse do novo Bono da Luz en Muxía

Con motivo dos recentes cambios no regulamento do Bono Social Eléctrico, e dentro da campaña Dalle luz a túa factura, o Concello de Muxía organizou unha charla informativa o martes, 30 de outubro de 2018, ás 11.00horas, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples, impartida pola Unión de Consumidores de Galicia na que se lle deu a coñecer os/as asistentes , as principais recomendacións para aforrar no consumo de luz, facilitandolles a comprensión da factura eléctrica e os seus dereitos como consumidores/as. Ao acto asistiu o concelleiro de xuventude e deporte, Iago Toba Campaña, e persoal técnico do concello, así como máis de 70 veciños/as que se achegaron ao acto coa intención de informarse sobre un tema de moita repercusión na economía familiar.