Unhas cen persoas participan no VII encontro na Casa de Trillo

Margarida Mariña e Fernando Barroso encargaronse de amenizar o VII encontro que tivo lugar o mércores na Casa de Trillo, en Muxía Unhas cen persoas participaron na tarde do mércores no VII Encontro na Casa de Trillo, no conxunto que leva o mesmo nome, ubicado en Santa Mariña, Muxía. Nesta ocasión, o protagonista foi un concerto do compositor e músico de corda Fernando Barroso, acompañado ao violenchelo por Margarida Mariña. Con esta actuación estrearon o seu novo repertorio, que interpretarán seguidamente en A Coruña e Ferrol, antes de partir para o festival de Madeira. De presentar o acto encargouse Pilar Trillo, filla dos propietarios, quen aproveitou para dar a coñecer a oferta deste ano do Outono Gastronómico. Tanto o presidente da federación de Empresarios da Costa da Morte - José Gabín - como a tenente de alcalde de Muxía - Pura Lema - destacaron que foi Casa de Trillo a pioneira do turismo rural en Muxía e que apostou sempre pola calidade, obtendo a certificación nacional Q desde o primeiro momento. Lema, que falou en nome do alcalde, que se atopaba de viaxe, dixo tamén que desde o concello apostaron sempre por apoiar o sector de turismo rural, acompañando á asociación local a múltiples feiras e encontros promocionais. Tralo concerto, fortemente aplaudido, os asistentes degustaron uns pinchos variados, feitos todos con productos da terra.
Asistentes ao concerto na Casa de Trillo Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Casa Trillo