Urxen a reparación e infraestruturas e equipamentos municipais esfolados en Muxía

O BNG de Muxía urxiu ao goberno local a que proceda a reparar diversas infraestruturas e equipamentos de titularidade municipal que están en estado ruinoso. Os nacionalistas sinalaron que veñen denunciando esta situación, que acontece por todo o concello, desde o inicio deste mandato, e reclamaron ao equipo de goberno “que se poña a traballar en serio, porque Muxía non pode esperar máis”.

Denuncian "as vías cheas de fochancas e o das cunetas cubertas de broza en moitas parroquias do concello, que fan a circulación perigosa pola falta de visibilidade e polo estado do firme”.
Os nacionalistas de Muxía tamén fixeron pé nos accesos ás praias e os equipamentos destas, e nas fontes e lavadoiros municipais, “que seguen igual de arruinados que durante o mandato de Santiago Toba, sen que se acometeran labores de reparación e de substitución, que son moi necesarias”. 

A voceira nacionalista denunciou, así mesmo, o estado no que se atopa algunha das marquesiñas nas que os escolares esperan o transporte, como a de Lourido, a poucos metros do parador de turismo Costa da Morte, cos vidros rompidos durante anos sen que se procedera á súa reparación. “Os escolares e outros usuarios non puideron resgardarse da chuvia en todo o inverno e así segue, así que haberá que reparala antes do inicio do novo curso escolar”, afirmou.

 

 

A portavoz do BNG explicou que “levan anos así, sen que se proceda á súa reparación ou substitución; mesmo hai algún cartel informativo de obras feitas hai décadas, tanto que o prezo está recollido en pesetas, o que dá unha idea dos anos que leva sen ser retirado”.