Volve o Feirón de Senande cunha completa oferta cultural e gastronómica
O tradicional feirón de Senande volve un ano máis con forzas renovadas. O 6 de xullo a aldea muxiá vivirá unha bonita xornada de feira: haberá postos de artesanía, comida, produtos ecolóxicos e agrícolas. Ademais dunha programación cultural pensada para a ocasión con obradoiros gratuítos e concertos.
Senande é unha aldea do Concello de Muxía que cada primeiro luns de mes celebra unha feira que foi moi importante no pasado, sendo unha das principais feiras da zona. A feira estaba enfocada en temas agrícolas e gandeiros e para honrar esa tradición e mantela dende Muxía Cultural propoñemos un gran día de feira con máis postos e programación cultural.
O Feirón de Senande forma parte da programación de Muxía Itinerante, un programa de actividades pensadas para levar á cultura a distintas localizacións do Concello de Muxía, descentralizando así a oferta cultural para chegar a máis lugares da comarca.
Programación Feirón de Senande
A xornada celebrarse entre as 11:00 e ás 19:30 horas de xeito aproximado. A partir desa hora xa se poderán visitar os postos de artesanía e todo tipo de produtos dos diferentes expositores.
Obradoiros grautítos
A esa hora tamén terán lugar dous obradoiros gratuítos. Un será de percusión con Ecopercusión, no que as participantes aprenderán as bases da percusión usando materiais recicaldos.
O outro obradoiro será de palla trenzada coa Asociación Trenzarte. Nel aprenderase a manexar e crear con este material tan vencellado á cultura e vida de Galicia.
Para participar só é necesario inscribirse no correo muxiacultural@gmail.com ou na Biblioteca Municipal de Muxía.
Danza e vermú
A partir das 13:00 horas gozaremos da exhibición de danza tradicional de Vilatoste, unha actuación que paga moito a pena ver en vivo. E dun vermú musical a cargo de Xaramiños do Corpiño.
Concertos
A partir das 16:30 horas aprox. desfrutaremos da tardiña coa música tradicional de Os Melidaos. E pecharemos bailando con Tona e asúa mestura da música tradicional galega con estilos como o rock, pop e blues.