O ACB Costa da Morte continúa a recta final da campaña
Nova xornada para a familia do ACB Costa da Morte. Tres dos equipos ceenses xogaban contra equipos a Coruña, colleitando sendas derrotadas que non empañan a boa campaña do club.
Os Infantís recibían ás Esclavas o pasado sábado no pavillón ceense na última xornada da Liga Regular infantil masculino. Tratábase dun dos mellores equipos da categoría e que xogou a fase de ascenso a liga galega hai apenas uns meses, e que acabou vencendo con claridade por 27-73.
A vindeira semana, xogarán a segunda fase da liga regular para decidir os postos entre o 5º e o 8º na clasificación final.
Pola súa parte, o cadro cadete viaxou ao o pavillón herculino de Cocheras, para enfrontarse tamén ao equipo A das Esclavas, na 9ª xornada da liga regular. Puxéronllo máis complicado aos coruñeses os de Manuel Vázquez, e despois dunha mala primeira metade, fixeron un segundo tempo espectacular, roubando moito e saíndo a contra, mesmo chegando a poñerse a 6 puntos durante o terceiro cuarto.
Aí, o partido converteuse en toda unha batalla ata o bocinazo final debido á intensidade defensiva dos dous equipos, e demostrando a igualdade que se dou durante eses 20 minutos.
Finalmente, o Sénior Masculino Blanco caeu ante CB Maristas Coruña por 90-71 no partido pola clasificación entre o 13º e 16º posto pola clasificación final da 3ª Div. senior masculino celebrado na tarde do sábado na Coruña.
Os costeiros chegaban con só 8 efectivos a un partido que foi un toma e daca durante os 40 minutos. Gran partido de Camilo con 19 puntos, Déril con 18 e Roi con 13 levando o peso ofensivo do equipo e de todos os que viaxaron na faceta defensiva.
Este sábado viaxan a Ferrol para enfrontarse a Costa Ártabra polos postos 15º e 16º final.