O AD Zas Ponciano Nieto sae dos postos de descenso

AD Zas Ponciano Nieto venceu ao Club del Mar

Apenas dúas vitorias colleitaron os equipos do tenis de msa costeiro esta fin de semana. Pero unha é fundamental, pois permitíu ao AD Zas Ponciano Nieto saír dos postos de descenso da 3ª División Nacional.

 

3ª División Nacional

  • Resultado: Concello Mazaricos - Breogán Oleiros Kalamardo (3-4).
  • Resultado: Club del Mar - AD Zas Ponciano Nieto (1-4).

Fundamental vitoria do AD Zas Ponciano Nieto, pero aínda así o perigo do descenso está moi preto e todos os equipos loitan por escapar del, necesitan os zasences dúas vitorias mais para ter algo de tranquilidade.

Tivo preto a vitoria o Concello Mazaricos ante o Breogán Oleiros que veu sen o mellor xogador, pero a relaxación dalgún dos xogadores costeiros no beneficiou nada de cara ao resultado final do partido. Perderon así unha boa oportunidade os mazaricáns de achegarse a unha permanencia que agora se lle pon moi difícil.

 

1ª División Galega

  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Finisterre Deseñarte (3-4).
  • Resultado: Club del Mar - AD Zas Dimobel Bazar (5-2).

A piques estivo o VTM Pinturas Figueiras de dar a sorpresa e derrotar ao líder do grupo, pero notou moito a baixa de Paco o equipo vimiancés. Así e todo quedaron moi satisfeitos do xogo e de como xa dan a cara ante calquera rival e isto sube moito a moral de todos os integrantes do equipo.

 

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas O Pinar - CTM GAM Masc (4-3).

O AD Zas O Pinar protagonizou a segunda vitoria da fin de semana, pero con máis problemas dos esperados ante un equipo ao que, na primeira volta, lle endosara un claro 7-0.

 

2ª División Nacional Feminina

  • Resultado: Concello de Cee - Narón Femenino (0-3).
  • Resultado: Concello de Cee - Club del Mar (0-3).
  • Resultado: Concello de Cee - Finisterre A Moa (0-3).

A Concentración da 2ª Nacional feminina deparou resultados normais para as ceense. As bravas centolas seguen mellorando e vese en cada partido como aprenden, pero de momento as veteranas aplican a súa experiencia pero esta é a primeira temporada e os éxitos veñen co tempo.

 

Vindeiros compromisos

Este sábado 22 de febreiro, sábado de entroido, hai unha concentración escolar de tenis de mesa no pavillón de Cee, a pesas dos festexos do antroido nas localidades da comarca espérase moita afluencia de escolares para demostrar os seus progresos.

 

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO