Os cadetes do ACB rematan unha espectacular Copa Primavera

O pasado sábado, o equipo cadete masculino do ACB Costa da Morte viaxou ata a vila pontevedresa de Moaña para participar na 2ª edición da Copa Primavera, organizada polo CB Redeiras.

O torneo foi todo un éxito con partidos moi igualados e moita emoción ata o último partido. Os ceenses, tras superar na primeira fase ao Bosco de Ourense e ao anfitrión, o CB Redeiras, chegaron ata as semifinais onde perderon ante o posterior campión, o Depordimia e despois perdeu tamén ante o CB NS Esperanza, alcanzando unha máis que meritoria 4ª praza.

Tamén se celebraron concursos de triples e tiros libres, onde Helio conseguiu a victoria na competición de tiros libres e Ana rematou segunda na competición de triples, a só un triple da vitoria. 

Máis novas