O carballés, Mario Díaz, campión galego de Pitch&Putt

Mario Díaz, campión galego de Pitch&Putt na categoría cadete.

O domingo pasado, 19 de xullo, celebrouse o Campinato Galego xuvenil de Pitch&Putt no campo de golf de Tambre. Competición na que o carballés, Mario Díaz, conseguiu o primeiro posto na categoría cadete.

Despois da cuarentena debida ao coronavirus, Díaz retomou a competición cun excelente resultado. De todos xeitos, cómpre destacar que o xogador de golf carballés xa foi tamén subcampeón nos últimos dous anos (2018 e 2019).