O CDM Piragüismo Dumbría sobe ao podio na Copa Galega de Slalom en Salvaterra

Clara Piñeiro en Salvaterra

O pasado domingo 12 de abril disputouse no río Tea, ao seu paso polo rápido do Cordeiro en Salvaterra, a II Competición da Copa Galega de Promoción de Slalom 2026. A proba desenvolveuse cun caudal baixo, pero nun percorrido moi ben deseñado e ideal para as categorías de base, permitindo ver o bo nivel técnico dos participantes.

O Club CDM Piragüismo Dumbría asinou unha excelente actuación colectiva, acadando unha meritoria segunda posición na clasificación por equipos con 163 puntos, só por detrás do Club de Montaña e Piragüismo Quixos.

No apartado individual, os deportistas do club sumaron varios podios destacados:

Na categoría benxamín K1 masculina, Mauro Montero Castro logrou a súa primeira vitoria, completando o percorrido con só unha penalización.
O resto das medallas chegaron nas categorías femininas, onde Clara Mancebo Landeira e Carmen Llaría Traba repartíronse os postos de segunda e terceira posición entre as modalidades de kayak e canoa.
Na categoría alevín K1 feminina, Yara Lado Lal conseguiu un meritorio terceiro posto.

Ademais dos podios, o club contou cunha ampla participación nas diferentes categorías, consolidando o traballo de base e a progresión dos seus deportistas.

Xornadas de apertura de portas

Este resultado reafirma o bo momento do CDM Piragüismo Dumbría nas competicións autonómicas, nun momento no que o club está en pleno proceso de captación de novos deportistas. As persoas interesadas en que os seus fillos ou fillas se inicien no piragüismo de augas bravas poden poñerse en contacto co Concello de Dumbría ou no teléfono 629 126 623.