Comeza unha nova temporada para a familia do tenis de mesa da comarca

Gran resultados para as costeiras no torneo de pinpon de Club del Mar 2019
Comeza unha nova temporada para a familia do tenis de mesa da comarca

Esta pasada fin de semana tivo lugar Torneo de Club del Mar de A Coruña. E as deportistas costeiras acadaron moi bos resultados, como o primeiro posto en xuvenil feminino de Ana García, que venceu na final á súa compañeira Miriam Rodríguez, ou a chegada a semis dos Laura García e Raúl López. Xunto a esle estivo o seleccionardor galego, Miguel Rey, que vén de subcampión no campionato de España de seleccións territoriais.

E por fin, esta sábado 28 de setembro comenza a liga federada de tenis de mesa para os equipos da comarca que esta temporada. Unha temporada na que a comarca terá 6 equipos en liza:

  • 1ª División Nacional femenina: AD Zas Cafeteria Talladas.
  • 2ª División Nacional femenina: SD A Baña.
  • 3ª Nacional masculina: AD Zas Ponciano Nieto e Concello de Mazaricos.
  • 1ª División galega: AD Zas Dimobel Bazar Baio e VTM Pinturas Figueiras de Vimianzo.

O obxectivo para esta temporada será a de conseguir algún ascenso como será o caso do Concello de Mazaricos e o resto permanecer na categoría sen renunciar a nada mellor.

Comeza a liga cos enfrentamentos directos entre os propios equipos da mesma categoría ao estar encadrados dentro do mesmo grupo. O pistoletazo de saída será este o sábado 28 de setembro as 17 horas no ximnasio do CPI de Zas, cos seguintes derbis:

  • 2ª Galega: AD Zas Ponciano NIeto - Concello de Mazaricos
  • 1ªDivisión galega: AD Zas Dimobel Bazar Baio - VTM Pinturas Figueiras.

Asi mesmo o domingo 29 desprazaranse varios xogadores ata Sigüeiro para participar na liga que organiza o Clube Oroso TM.