O CP Nordés celebra en Laxe e Ponteceso o Día do Patín

Xornada aberta hoxe xoves 17 de decembro, a partir das 17:00h, no Pavillón de Laxe para pasar unha tarde divertida en laxe. O Club Patín Nordés organiza este evento para animar á rapazada a subir aos patíns e unirse ao club.

Despois de disfrutar das catro rodas, haberá merendola.

Podedes apuntarvos en clubpatinlaxe@gmail.com ou no 617 273 303.

A seguinte quedan será en Ponteceso, o día 22.