Dous ceenses triunfan no Campionato Galego de Taekwondo Cadete

Ata Mondariz desprazáronse dous deportistas ceenses da Escuela de Taekwondo Juan para participar no Campionato Galego de Taekwondo Cadete e Sub 21. E os resultados non puideron mellores. Daniel Caamaño de Cee proclamouse Campión Galego Cadete na categoría de -57kg mentres que o seu compañeiro Alberto Atán, de Dumbría, conseguia o bronce en -53kg.

Grandes resultados para o club que segue a traballar para crear maís campións.