Dous muxiáns, campións do 1º Megacampionato de Truco de Cordeiro

Genaro e Manolo foron os campións

Ata Valga desprazáronse a pasada fin de semana 6 parellas da Costa da Morte para participar no 1º Megacampionato de Truco. Nada de bromas, con máis de 5.000 “puntos” en premios para os que quedasen entre as primeiras das 128 parellas participantes.

Os campións foron dous pensionistas de Muxía, Genaro e Manolo, levando un premio de 2.500 "puntos".

O evento foi organizado pola Asociación Cultural San Antonio de Cordeiro no pavillón municipal.