O Dousxsetenta conclúe como 2º mellor club da Liga Galega de Aire Libre 2026

O Club Dousxsetenta de VImianzo vén rematar a Liga Galega de Aire Libre 2026 de tiro con arco como o 2º mellor club de Galicia, só por detrás de Meigarco, un auténtico referente do tiro con arco galego.

Un resultado que enche de orgullo e que confirma o gran momento que está a vivir o club. "Este subcampionato galego por resultados é o premio ao traballo diario, á constancia dos nosos arqueiros e arqueiras, ao apoio das familias e ao esforzo de todas as persoas que forman parte desta pequena gran familia", sinala a familia soneirá.

Os resultados por equipos falan do excelente nivel do club, proclamándose Campións de Galicia por equipos en Sub-15, Subcampións galegos por equipos en Alevín Unificado, e alcanzando o 3º posto por equipos na categoría 50+.

A nivel individual tamén tiveron unha tempada para lembrar:

  • Yago Rellán proclamouse campión da Liga Galega Sub-15, ademais de acadar o subcampionato na categoría Sub-18, competindo con deportistas de maior idade.
  • Nico Soto conseguiu o subcampionato galego Sub-15, confirmando o enorme nivel da nosa canteira.
  • Antía Rey subiu ao podio cun magnífico 3º posto na categoría Alevín Unificada.
  • Paula Vázquez proclamouse campioa da Liga Galega Sub-21.
  • Adoración Lavandeira logrou un meritorio 3º posto na categoría 50+ feminina.

Pero tamén destacan o papel dos Antón García, Ángel Suárez, Eric Lavandeira, José Vázquez, Manuel Soto, Enrique Rellán ou o propio Víctor Santos, destacados nas súas categorías.

Agora o club afronta o gran reto da tempada: o Campionato de España, onde gracias á continua colaboración de Gerca Acero y Metal e o Concello de Vimianzo varios dos arqueiros soneiráns defenderán as cores do club coa mesma ilusión e ganas que demostraron durante toda a liga.