Os tres equipos de xadrez da comarca remataron unha digna Liga

Imaxe da última xornada do Xadrez Cabo Touriñán

 

 

 

Este ano houbo tres equipos no grupo B da 2ª Galega. Os clubes costeiros Gillán de Malpica, Cabo Touriñán de Muxía e Xadrez Irindo de Zas, son tres dos 12 equipos da Coruña, Cambre, Arteixo e Lugo.

O Gillán de Malpica, que levaba líder tras tres xornadas, rematou segundo con 27,5 ptos tras perder 3-1 contra o Arteixo, permitindo que o campión de liga, que sobe a 1ª División sexa o Air Hostess da Coruña con 29 ptos. O Club Cabo Touriñán remata a liga na 7ª posición con 21,5 ptos, por detrás do Xadrez Irindo de Zas, con 22 puntos.

   

 

Cabo Touriñán - AVV o Gaiteiro de Sigrás (1,5 - 2,5)

  • José Soneira - José Fdez. Otero (1-0). Soneira, con máis tempo no reloxo, presionou ao seu rival ata que cometeu un erro que o deixou perdido
  • Javier Campelo - Ramón Franco (1-0), Partida igualada que decidiuse tras perder Ramón calidade (Torre por Cabalo)
  • José Sar -  Rodrigo Lopez (0-1), José decidiu cambiar alfil e cabalo por torre e peón pero o seu rival quedou con mellor posición e acabou perdendo
  • Esteban Fidalgo - Guillermo Esteban (1/2-1/2) Táboas por mutuo acordo tras varios erros por ambas partes

Máis actividades

O xadrez continúa sobre todo no verán con torneos individuais. Os días 11 e 12 de maio celebranse os campionatos galegos de xadrez rápido en Vilagarcía, mentres que o 17, día das letras galegas, disputarase en Carballo  o IV Torneo de Xadrez Luís Calvo.

 O Cabo Touriñán tamén ten pensado realizar algún torneo polo que pide a administración pública que amose o seu apoio o xadrez.

Máis información