O Ézaro encandilou aos 350 nadadores que acodiron á última proba do Circuito Travesía Costa

Tras un completo verán entre o que cómpre destacar a Travesía de Sisargas-Malpica, o circuito Travesía Costa Desenvolve by Duacode pechaba a súa edición 2021 no Ézaro. A Travesía Costa Ézaro serviu de peche ideal para o circuíto de natación en augas abertas máis longo de España, cunha excepcional participación de máis de 350 nadador@s.

Todos gozaron do enclave máxico, e da singularidade de comezar nas augas saladas da praia e rematar en auga doce ao pé da cascada. O ambiente foi tamén excepcional con moita veciñanza disfrutando a proba.

A nivel deportivo, o primeiro posto na proba longa foi para. Cristian Fernández Neto, seguido de Marcos Del Río. En categoría feminina a primeira clasificada foi Ana Pérez García-Picher, seguida de Ana Veiga Souto. Na Travesia curta o primeiro clasificado foi Santi Bernárdez e a primeira Lucía Viso Varela.


Os gañadores da proba

Os premios da Xeral entregaranse o próximo 25 de setembro, coincidindo coa celebración da Travesía C10000 e C5000, un gran clásico que regresa a A Coruña, onde non se celebraba esta proba desde 2017. Trala súa celebración, cuxos postos non serán puntuables no circuíto xeral, os nadadores e nadadoras que participaron en máis de 8 categorías ao longo deste verán serán homenaxeados pola organización, que agradece a implicación e o respecto ás normas mostrado polos máis de 1.300 nadadores que participaron nas catro probas, que destacaron non só no deportivo, senón pola beleza dos enclaves nas que se disputaron.


A familia dumbriesa participou da excelente organización da proba

Novas relacionadas