Fermoso domingo de balonmán base en Camariñas

Foto de familia

Acolleu o pavillón Víctor Vigo este domingo 22, a fase final da Copa Deputación no nas categorías alevín e benxamín. De 10:00 a 19:00h, as dúas pistas do pavillón acolleron os encontros dos 9 clubs participantes: Arteixo, Culleredo, Pontedeume, Liceo La Paz, Xiria, Ribadosar, Abegondo, Narón e, como non, Camariñas.

Trala completa xornada, fíxose entrega das medallas a todos os participantes. Estas foron as clasificacións:

  • Categoría alevín: 1º: Bm. Liceo Verde; 2º: Bm. Liceo Blanco; 3º: Bm. Arteixo; 4º: Bm. Culleredo Categoría.
  • Categoría Benxamín: 1º: Bm. Abegondo 2º: Bm. Culleredo; 3º: Bm. Xiria; 4º:: Bm. Ribadosar.