As infantís do Judo Bergantiños triunfan no campionato galego

Naira Blanco quedou campiona galega co Judo Bergantiños

Este sábado 23 de marzo disputouse na localidade de Lugo a fase final do campionato Galego Infantil e Cadete de Judo. O Judo Club Bergantiños desprazouse cunha delegación moi ampla de representantes. Un total de 12 deportistas.

En Categoría Infantil os representantes bergantiñáns fixeron unha gran actuación. En Categoría de -38 quilos, Martin Barrientos disputou dous combates perdendo os dous. Mellor sorte correu, en -66 quilos, Daniel Chouciño, que conseguiu a medalla de Bronce e subiuse ao terceiro chanzo do pódium, na mesma categoría na que Brais Castro non conseguía pasar de fase.

En -52 quilos, María Tajes disputou dous combates perdendo os dous, pero na mesma a judoka Naira Blanco proclamouse Campioa Galega conseguindo a medalla de ouro e tamén a clasificación directa para o campionato de España que se disputará na localidade de Valencia os días 26 e 27 de abril.

Tamén tivo boas novas Lucía Pazos conseguindo a medalla de prata na categoría de -57 quilos tras facer unha grandísima competición malia ser infantil de primeiro ano.


Lucía Pazos fixo prata

En categoría Cadete non foron as cousas tan positivas. En categoría de -50 quilos, Alex Blanco perdeu xa o primeiro combate, e Nicolás Quiñoy conseguía o 7º posto. En -55 quilos, Sergio Rodríguez gañaba o primeiro combate pero perdía o pase a semifinais perdendo na repesca o seu combate pola loita para o bronce. Tamén en -55 quilos, Borja Villar perdía o seu primeiro combate. Ademais en -90 quilos, Martín Reis conseguía a 5ª posición perdendo o combate para o Bronce e en -70 Quilos Daniel Castiñeira igualaba esa 5ª praza caendo na loita polo bronce.


Os tres medallistas do Judo Bergantiños co seu adestrador David Pérez

Novas relacionadas