Manu Regueiro e Marta Barbeito triunfaron nunha fermosa Travesía Costa ABanca Balarés

Vista aérea da Travesía Costa Balarés-Foto-Quito Ponteceso

Espectacular vestiu a praia de Balarés e o esteiro do Anllóns durante a celebración da III Travesía Balarés de Abellariza Ponteceso, xa inserida no circuito Travesía Costa Abanca by Duacode. 138 participanantes fixeron as delicias de todo o público que disfrutou deste fermoso espectaculo deportivo natural, complentando os 3,2 km entre a praia cabanesa Area das Vacas e o areal pontecesán, deixando esta edición unha nova marca: 42’43’’ que marcou Manu Regueiro Picallo, do Club Natación Arteixo. Marta Barbeito foi a campiona en categoría feminina.


Marta Barbeiro e Manu Regueiro

Foto de familia na Area das Vacas dos 138 participantes

Ao final da xornada compartironse tres paellas de forma gratuita con participantes e organización, cocinadas de forma maxistral por Sara, Karlos e Charo, que botaron de menos nos fogóns a Josefa Amado, habitual na plantilla de Abellariza Chef que non tuvo ocasión de poñer o delantal en esta edición.

O presidente Miguel Cousillas quixo enviar un agradecemento a todas e todos os patrocinadores, ao Concello de Ponteceso, a Policía Local, e aos incondicionais colaboradores (familiares e amigos), facendo especial mención ao “bo rollo” e colaboración entre organizacións de eventos deportivos que teñen con Quito de Brigantia Aventura (está preparando para o 18 de agosto o Trail polas Terras de Pondal) e de Susana máis Miguel (están cos preparativos do Gran Trail Costa da Morte que terá lugar do 14 ao 20 de septiembre).


Arriba a foto da organización organización e abaixo a paella

NOVAS RELACIONADAS