Mazaricos conta as horas para a BTT

Imaxe da BTT Mazaricos do ano pasado
  • Case 150 persoas participaran nas dúas rutas en que se divide a proba.
  • A saída terá lugar ás 9:30 horas do polideportivo municipal da Picota.

 Todo preparado para a celebración da VIII TT “Os Picos de Mazaricos. Da Ruña ao Aro”, que terá lugar o domingo 14 de abril. Este ano serán 144 as persoas participantes nunha proba de carácter non competitivo que será cronometrada. A BTT, como o seu nome indica, atravesa Mazaricos entre dúas das súas alturas máis destacadas: o alto da Ruña (646 metros) e o monte Aro (550).

Este ano, a veterana BTT contará con dúas rutas de dificultade media de 50 e 40 quilómetros de lonxitude. O trazado das rutas discorre na súa maior parte a través de fermosos camiños rurais e forestais co pano de fondo das paisaxes mazaricás. Na seguinte ligazón pode consultarse os trazos de ambas.