Obstáculos asequibles e moita lama no Cross de Dumbría

Fotos deJorge Castro

Continúa Dumbría apostando por disciplinas singulares como esta do cross de obstáculos. Unha disciplina na que a familia dumbriesa é potencia mundial, como o demostran deportistas vinculados á DaFIT como Damián Espasandín ou Paula Esteiro.

Desta volta foi o III Cros de obstáculos Concello de Dumbría o que fixo pasar a case 200 participantes de todas as idades (de 10 para adiante), por innumerables desafíos no territorio Vákner. Unha demostración de que esta proba está crecendo cada vez, pois son obstáculos que poden superar todo o mundo, pero sempre coa lama como protagonistas

Uns superaron a carreira curta de 3,75km e outros afrontaron a longa de 7,6km.

Saídas dos adultos-Foto-Jorge Castro 4
Saída dos peques-Foto-Jorge Castro 
Foto-Jorge Castro 
Foto-Jorge Castro
Raúl González enstreouse como alcalde na entrega de premios-Foto-Jorge Castro

Novas relacionadas