O Olimpia completou unha divertida semana de campamento atlético
13 de xullo de 2024 (09:22 h.)
Este pasado venres 12 de xullo rematou con éxito a primeira edición do Campus de Atletismo Cee Verán 2024, que se desenvolveu durante toda a semana. Fíxoo cunha entrega de diplomas a máis dos 20 nen@s que participaron durante toda a semana nesta actividades organizada polo club Asociación Deportiva Olimpia.
En cada xornada, que tivo unha duración dunha hora e media (das 10:30 ás 12:00 horas), na pista de atletismo do Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos de Cee traballáronse diferentes modalidades como o salto de lonxitude, salto de altura, carreiras de velocidade, lanzamentos (peso e xavelina), relevos...