Pasaporte do Corredor/a para @s Jerreir@s da comarca

Singular iniciativa a que lanza club O Jerreiro de Carnota. Trátase do Pasaporte do Corredor/a, unha proposta pensada para animar á participación nas distintas carreiras do circuíto “Correndo pola Costa da Morte” e reforzar o sentimento de equipo e club entre os membros da familia “jerreira”.

O idea propón que cada persoa do club que participe nunha proba vaia sumando no seu pasaporte unha pegatina/selo co lema “Aquí correu un Jerreiro”, creando así un recordo simbólico das carreiras feitas ao longo do ano.

O pasaporte está dirixido tanto a categorías base como a persoas adultas e incluirá pequenos recoñecementos á participación segundo o número de carreiras completadas: tres probas, seis probas ou o circuíto completo, sempre cun enfoque participativo e de club, non competitivo: fomentar que máis xente se anime a correr, compartir carreiras, desprazamentos e experiencias, e fortalecer a identidade do club dentro dun circuíto moi asentado na comarca.