Tres patinadoras do CP Conxuro conseguiron na casa o pase para os Nacionais

Uxía Freire é unha das patinadoras que se colou nos campionatos estatais

Organizaba esta pasada fin de semana o Club Patín Conxuro da Laracha o Campionato Preseleccións Provinciais Libre (Cadete a Senior) de patinaxe no pavillón da vila. Preto de 100 patinadoras das provincias de Coruña e Lugo (dos CP Velúa, CPA Brión, CDP Boiro, CP Oroso, CPA Omega, CPA Ágora, CP Sarela, CD Fontiñas, CP Riberira, CP Compostela, CDP Berenguela, CP Campus Stellae, CP Buxaina, CP Lenda, CP Axel, CPA Eiriz, Noia Patín, CP Anca, CPA Maxia, e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha) acodían á priomeira proba federativa oficial da temporada, coa intención de colarse nos campionatos rexional e nacional.

Do cadro local participaron en categoría cadete Marta Andrade, Paula Rey, Xulia Arán e Uxía Freire e en categoría Junior Ainhoa Cotelo. Os resultados foron moi positivos, porque conseguiron praza no Campionato Estatal as cadetes Marta Andrade, Uxía Freire e a junior Ainhoa Cotelo.

Ainhoa Cotelo, á esquerda, xunto con outras patinadoras do Club Patín Conxuro

Esta proba foi organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, a Xunta - Deporte Galego e os patrocinadores "Asteria Café", "Argalla", "O Noso Café" e "Maluca Lobe”.