Quito sobe ao podio na prestixiosa OCC da UltraTrail Mont Blanc

Quito no podio da UTMB

Somos potencia en materia de atletismo extremo. E así o confirma podio do pontecesán Quito (Francisco González Varela) na prestixiosa proba OCC da UltraTrail Mont Blanc. Unha esixente proba que consta de 56km con 3.500metros de desnivel. Pero o noso bombeiro puido con ela, e cun tempo de 7 horas e 12 minutos, conseguía quedar 3º na súa categoría, e 104 na Xeral.

Con saída en Orsières (Suiza), e final en Chamonix (Francia, en pleno Mont Blanc), eran 1.200 participantes de todo o planeta nesta proba á que non pode acceder calquera, pois hai que ter un cv feito en probas puntuables e despois entras nun sorteo. Desta volta tocoulle estar entre os escollidos e abofé que o aproveitou cunha nova experiencia inesquecible.

Novas relacionadas