O Trail Cova da Bruxa, único da comarca no circuito provincial de Trailrunning 2026

Trail Cova da Bruxa 2025-Foto-David Pajaro

Vén de presentar a Federación Galega de Atletismo o Calendario de Trailrunning para o primeiro semestre 2026. E entre as probas só atopamos o  Trail Cova da Bruxa, Muros, que celebrará o 29 de marzo de 2026, organizada polos Serres Runners co apoio municipal.

 

  • 31 Xaneiro - Trail Terras de Burón, o trail do Inverno, na Fonsagrada. Serie Prata con distancias ultra, classic e preclassic
  • 14 Febreiro - Castro Trail - Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning Absoluto Individual, Sub23 e Másters
  • 8 Marzo - Trail Ribeiras do Tambre, Ames. Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning Preclassic: Sub16, Sub18 e Sub20
  • 15 Marzo - Trail Laxe dos Bolos, en Caldas de Reis. Campionato de España de Trailrunning Individual e por Clubs absoluto e masters (Short Trail)
  • 29 Marzo - Trail Cova da Bruxa, Muros. Serie OURO en ranking classic e preclassic. Primeira proba puntuable por clubs
  • 12 Abril - Campionato de España por Federacións, Oviedo, Asturias.
  • 2 Maio - Campionato de España Vertical - Brañosera, Palencia
  • 3 Maio - Campionato de España Carreiras de Montaña - Aguilar de Campoo, Palencia
  • 09 Maio - Trail Vila de Cuntis - Serie Ouro Classic e Preclassic, Segunda proba puntuable por clubs
  • 23 Maio - Trail Muiños de Riotorto - Serie Prata nas distancias Classic e Preclassic
  • 14 Xuño - Carreiras de Montaña de San Pedro de Rocas, Esgos - Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning por Clubs Absoluto e Promoción