Últimos días para reservar praza na BTT Os Picos de Mazaricos
O vindeiro domingo 31 de maio, Mazaricos converterase nun punto de encontro para os amantes do ciclismo de montaña coa celebración da IX BTT Os Picos de Mazaricos, unha proba que se consolida no calendario deportivo da comarca, maridando natureza e deporte.
A saída está prevista ás 9:30 horas desde a Praza da Picota, tras a recollida de dorsais que se realizará no mesmo lugar a partir das 8:30 horas. As persoas participantes poderán elixir entre dous percorridos de dificultade media-baixa, debidamente sinalizados:
- Ruta longa: 50 quilómetros
- Ruta curta: 40 quilómetros
Inscricións
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web ccnorte.com , cun prezo de 10 euros.
O prazo de inscrición remata o mércores 27 de maio de 2026 ás 23:59 horas. Por motivos de seguridade, non se permitirán inscricións
posteriores nin altas fóra de prazo.