Vimianzo e Zas triunfan nos Campionatos Provinciais de tenis de mesa

Un dos podios do campionato con zaseiros e vimianceses

Este domingo o Pavillón Municipal de Zas acollía o Campionato Provincial de tenis de mesa. Chegaban equipos de Camariñas, Cee, Zas, A Baña, Ames, Ferrol, Narón, Teixeiro, Santiago... E as familias soneirás demostraron estar entre as mellores da provincial.

Polo bando local, o AD Zas, ademais da experiencia de compartir unha xornada completa con nenos de todas partes, puideron alzarse con 3 títulos provinciais (benxamín, infantil feminino e infantil masculino), un subcampionato (cadete masculino) e dúas medallas de bronce (en alevín masculino e en cadete masculino tamén).

Familia do tenis de mesa de Zas no campionato

Non quedou curto tamén o equipo de Vimianzo, que presentou 3 equipos, e conseguindo chegar a final e acadar 3 medallas de prata en Alevín, Invantil e Cadete.

Familia do tenis de mesa de Vimianzo no Provincial 

Máis novas