A Volta Ciclista á Coruña percorre este sábado a comarca de Bergantiños

Perocorrido da 2ª etapa da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Esta fin de semana dispútase a XIX Volta Ciclista á Provincia da Coruña. Se a primeira etapa é polas terras de Ferrolterra (Ortigueira-Ortigueira), e a terceira pola Barbanza (Pobra-Pobra), a segunda será polas Terras de Bergantiños. Será A Laracha o epicentro dunha etapa de 141km, pero pasará polos Concellos de Carballo, Coristanco Mapica, Ponteceso, Cabana e Coristanco, ademais de A Silva, Tordoia e Cerceda.

A volta provincial é unha das probas máis importantes do calendario Elite-Sub 23. Participan 18 equipos: 10 de eles son de Galicia, 2 de Navarra, 2 de Castilla y León, 1 de Cantabria, 1 de Extremadura, 1 da Comunitat Valenciana e 1 das Islas Canarias.

Este é o rutómetro, que tamén podedes descargar aquí.