A Costa da Morte volveu gozar a festa do ciclismo co Gran Camiño

Alejandro Valverde na subida ao Ézaro-Foto-Jorge Castro

A Costa da Morte viviu a Festa do Ciclismo co paso da segunda etapa de O Gran Camiño. Unha proba que supñon a recuperación da Volta a Galicia, da man de Ezequiel Mosquera, o gran dinamizador tamén do Gran Fondo Ézaro, que será a seguinte proba.

A bisbarra estaba preparadísima para o paso do pelotón, como se demostrou en Santa Comba, cos nen@s e maiores de toda a vila volcados co evento e ondeando as bandeirolas da nova imaxe municipal.

Gran acollida en Santa Comba

Da vila xalleira a proba colleu dirección Coristanco e Carballo, onde houbo Meta Volante.

Paso por Ponteceso
Por Laxe. Foto: Luis Angel Gomez/SprintCyclingAgency©2022

Pasado o mediodía, o pelotón foi cara Buño, Ponteceso, Laxe e Cabana, para chegar ata a vila camariñá da Ponte do Porto.

Gran expectación tamén en Muxía, onde chegou ata o Santuario da Virxe da Barca e marchou cara Cee por Lourido.

Pola Barca- Foto: Luis Angel Gomez/SprintCyclingAgency©2022

Así pasaban por Cee, gracias a este vídeo de Rafa Quintáns.

Dende Cee, enfocaron a recta final cara Dumbría, e malia o vento, a cousa se puña interesante no deportivo, e o espectáculo que deixou o porto do Mirador do Ézaro foi fantástico, cunha demostración de canadiano Michael Woods. Foi Alejandro Valverde o que atacou primeiro a media subida, pero Woods respondeu e o apoio do colombiano Iván Soza non foi suficiente para que o veterano español conseguise alcanzalo. Ao final, Valverde chegou segunda posición da etapa, a só 17 segundos do e coas espadas por todo o alto para a vindeira etapa.

Imaxe da subida ao Ézaro-Foto-Jorge Castro

Así de fermosas foron as estampas que deixou a subida ao Ézaro:

E así falaba Valverde coa TVG:

Dispositivo da Garda Civil para o Gran Camino no Ezaro-Foto-Jorge Castro

Novas relacionadas